We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo I / Outra Vida É Posible

by Dioivo

/
1.
Demasiado tempo de ceder e rendirse ó silencio que murchou os beizos dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre quen lles loita, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca e o sangue brota da roca Terra de meigas que nunca calaron perante os cregos Terra de cegos, de tantas cantigas de amor que morreron, dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre quen lles loita, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca, e o sangue brota da roca E mentres tanto, nós seguimos a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis E mentres tanto, nós seguimos o a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis
2.
Ao Lonxe 06:17
Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Fuxindo dos monstros da guerra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde Pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde Viaxando pola tempestade, os lóstregos non poderán pararme Voltarei deste exilio, porei fin a esta saudade Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Cara a outro mundo, lonxe da miña terra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde Pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde
3.
Cegos 04:27
Temos que dicir que chove cada vez que a pedra afoga a outro máis Só é outro máis E levamos a venda nos ollos e as cadeas, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, ante os teus ollos Non deixes que miren máis por ti e verás a luz que tentan ocultar A realidade está ante ti, ante os teus ollos Non deixes que miren máis por ti e verás que o ceo brilla máis alá Saca as forzas para seguir, faino por todos E día tras día propaganda dicindo "non hai otra vía, obece e non olvides quen manda" E así seguimos, levando as cadeas mentres eles marcan a axenda, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, ante os teus ollos Non deixes que miren máis por ti e verás a luz que tentan ocultar A realidade está ante ti, ante os teus ollos Non deixes que miren máis por ti e verás que o ceo brilla máis alá Saca as forzas para seguir, faino por todos Tan só abre os ollos, faino por todos Tan só abre os ollos
4.
Só hai fame e miseria baixo esta choiva de sal Eles gañaron a guerra, pero este lume non o poden apagar Se o sol non alumea, seremos o luar O pobo xa sufriu dabondo, xuntos poderémolo ceivar, Ímolo ceivar Gallaecia, Finis Terrae Chegou o día de espertar, de erguer esta terra esquecida Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae A escravitude rematará Nunca máis terra esquecida Gallaecia, Finis Terrae Este lume non o poden apagar Terra esquecida, nunca máis Ímola ceivar, a pedra crebará Morre a natureza baixo esta choiva de sal Só hai fame e miseria nunha terra cega de chorar Mais a forza dun pobo é coma as ondas do mar, sempre volta, sempre volta, e ó final a pedra crebará A pedra crebará Gallaecia, Finis Terrae Chegou o día de espertar, de erguer esta terra esquecida Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae A escravitude rematará Nunca máis terra esquecida Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae
5.
Nunca Máis 07:04
Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Tentaron roubala, tentaron calala, mais contra ela non podes gañar, e por iso, minten e minten por medo, pois preto está o seu final Nunca máis! Nunca máis! Cansos xa de aguantar agresión sen resposta, o vento de cambio é xa un furacán, e xa non se pode parar Dende os ceos escóitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis! Pois contra ela non podes gañar, o vento é xa un furacán que xa non se pode parar Moi preto está o seu final Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Dende os ceos escoitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis!
6.
Coda 02:49

about

Reedición conxunta, en cinta, do primeiro EP de Dioivo e o segundo disco da banda amiga de black metal Corteza Inhumana, tamén procedente de Vigo. Nunca editaramos nada en cassete, así que xa había ganas. Non esquezades pasarvos polas redes de Corteza e escoitar o seu Outra Vida é Posible! Tédelo en Bandcamp aquí: cortezainhumana.bandcamp.com/album/outra-vida-posible

credits

released November 18, 2022

Daniel Valladares Otero: batería
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra, voz

Tema gravado, mesturado e masterizado por Pablo López Figueroa.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: