We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo I (Edici​ó​n Definitiva de Darkwoods)

by Dioivo

supported by
/
1.
Demasiado tempo de ceder e rendirse ó silencio, que murchou os beizos dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca e o sangue brota da roca Terra de meigas que nunca calaron perante os cregos Terra de cegos, de tantas cantigas de amor que morreron, dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca, e o sangue brota da roca E mentres tanto, nós seguimos a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis E mentres tanto, nós seguimos o a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis
2.
Ao Lonxe 06:17
Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Fuxindo dos monstros da guerra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde Viaxando pola tempestade, os lóstregos non poderán pararme Voltarei deste exilio, porei fin a esta saudade Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Cara a outro mundo, lonxe da miña terra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde
3.
Cegos 04:27
Temos que dicir que chove cada vez que a pedra afoga a outro máis Só é outro máis, e levamos a venda nos ollos e as cadeas, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar A realidade está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar Saca as forzas para seguir, faino por todos E día tras día propaganda dicindo "non hai otra vía, obece e non olvides quen manda" E así seguimos, levando as cadeas mentres eles marcan a axenda, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar A realidade está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar Saca as forzas para seguir, faino por todos Tan só abre os ollos, faino por todos, tan só abre os ollos
4.
Só hai fame e miseria baixo esta choiva de sal Eles gañaron a guerra, pero este lume non o poden apagar Se o sol non alumea, seremos o luar O pobo xa sufriu dabondo, xuntos poderémolo ceivar Ímolo ceivar Gallaecia, Finis Terrae, chegou o día de espertar Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae, a escravitude rematará Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Este lume non o poden apagar, terra esquecida nunca máis Ímola ceivar, a pedra crebará Morre a natureza baixo esta choiva de sal Só hai fame e miseria nunha terra cega de chorar Mais a forza dun pobo é coma as ondas do mar, sempre volta, sempre volta, e ó final a pedra crebará A pedra crebará Gallaecia, Finis Terrae, chegou o día de espertar Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae, a escravitude rematará Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae
5.
Nunca Máis 07:04
Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Tentaron roubala, tentaron calala, mais contra ela non podes gañar, e por iso, minten e minten por medo, pois preto está o seu final Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Cansos xa de aguantar agresións sen resposta, o vento de cambio é xa un furacán, e xa non se pode parar Dende os ceos escóitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Pois contra ela non podes gañar, o vento é xa un furacán que xa non se pode parar, moi preto está o seu final Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Dende os ceos escóitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis!
6.
Coda 02:49
7.
Sempre pola morte esperas, mais a morte nunca vén, a morte nunca vén Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Soio, soio é remedio a morte para curar da vida, para curar da vida Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Sempre pola morte esperas Soio é remedio a morte, mais a morte nunca vén Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel
8.
Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Fixeches normal o ser ti máis ca os demais Adorábate sen pensar, ninguén te podía tocar, mais xa non vale o teu disfraz Xa non tes ningún poder, ningunha raiña nin rei me pode controlar Dime, no espello, que ves? Sen escravos ao carón xa non es ninguén Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Agora xa sei que en min non vai mandar nunca un rei Acostumado a reinar, agora que todo acaba, que farás? Ninguén que poidas culpar Xa non tes ningún poder, ningunha raiña nin rei me pode controlar O teu reino, onde está? De que vale a tua coroa rodando polo chan? Xa non tes ningún poder, ningunha raiña nin rei me pode controlar Dime, no espello, que ves? Sen escravos ao carón xa non es ninguén Xa non es ninguén
9.
Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Fuxindo dos monstros da guerra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde Viaxando pola tempestade, os lóstregos non poderán pararme Voltarei deste exilio, porei fin a esta saudade Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Cara a outro mundo, lonxe da miña terra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde
10.
Sempre pola morte esperas, mais a morte nunca vén, a morte nunca vén Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Cando a iauga das penas se reverte na copa sen medida soio é remedio a morte para curar da vida Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Sempre pola morte esperas Soio é remedio a morte, mais a morte nunca vén Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel
11.
12.

about

Reedición especial do noso primeiro EP, editada por Darkwoods con 6 temas extra. Catro anos despois da saída en Bandcamp do que foi a primeira gravación completa do grupo e a súa distribución a nivel local por nós mesmos, decidimos, coa axuda do selo malagueño, darlle nova vida con esta Edición Definitiva. Inclúe demos inéditas, coma a derradeira gravación da nosa anterior banda Rust in Peace. Podedes mercala en darkwoods.eu.

Tamén en withinthedarkwoods.bandcamp.com/album/dioivo-i-edici-n-definitiva.

Non esquezades botarlle un ollo ao vídeo oficial ao vivo do tema que abre o EP, "Séculos Escuros":
www.youtube.com/watch?v=lMFUyblxZ5A

credits

released November 3, 2020

Daniel Valladares Otero: batería
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra eléctrica, guitarra clásica, voz

Todas as cancións compostas e arranxadas por Dioivo.
Modelo de portada: Yara Martínez Cambra

Pistas da 1 á 8 gravadas, mesturadas e masterizadas por Pablo López Figueroa. Baterías gravadas por Eloi Pascual.

Pista 9 gravada en directo no Burubio Kultur Elkartea de Amurrio, Euskal Herria.

Pista 10 gravada, mesturada e masterizada por Víctor Gómez en Vigosónico, e editada no recopilatorio Musicando a Rosalía.

Pistas 11 e 12 interpretadas por Rust in Peace, con Darcy Maestu ao baixo e Fer Rodríguez coma vocalista. Gravadas, mesturadas e masterizadas por Julián Rodríguez no IES Audiovisual de Vigo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: