Get all 21 Dioivo releases available on Bandcamp and save 20%.
Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality downloads of Todo lo que Nace Muere, Por 100 Anos Máis, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 30, Cara os Ceios Incrementes, Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores, Dioivo I / Outra Vida É Posible, Hai Sede na Nova Galicia, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 27, and 13 more.
1. |
O Derradeiro Voo
07:11
|
|||
Non hai tregua, imos xa por vós!
Ela quere voar lonxe desta terra que a tratou tan mal
Pois iso pódese arranxar
Só precisa un pequeno impulso que a despegue
deste chan, e así atopar a paz, ata chegar á lúa
Polos ceos, ceibe ó fin será
Gloria! A gota que encheu o vaso,
non temos que agardar máis
O espazo explorará, e de lume e raios
nunha nube viaxará, unha explosión de gloria
Se sigue así vai rebentar, e nós preferimos vela traballar
Ela quere voar lonxe desta terra que a tratou tan mal
Pois iso pódese arranxar
O estalido de gloria a golpeará,
comezará unha nova carreira
Ata chegar á lúa, polos ceos, ceibe ó fin será
Gloria! A gota que encheu o vaso,
non temos que agardar mais
O espazo explorará, e de lume e raios
nunha nube viaxará, unha explosión de gloria
Non temos que agardar máis
Non temos que agardar máis
|
||||
2. |
Deus de Cristal
05:20
|
|||
Falan dun deus falso que sirve ó seu terror,
que odia e fere e mata segundo a súa disposición
Creando escravos que non cuestionen a orde social
Manipulando en secreto, mantendo o seu disfrace
O seu deus é o capital
E o nazareno na cruz retórcese de dor,
ca súa mensaxe traizoada para servir aos porcos
Afogados en ouro, sendo o opio do pobo,
poñéndose de lado de quen aniquila os soños
Son quen lles tapan a luz, cravándolle de novo á cruz
|
||||
3. |
Dioivo
05:55
|
|||
Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán
Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará
Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás,
e ondas golpean furiosas,
como se a terra quixesen tragar
Que a néboa non che impida ver,
que non pare os teus pés
Pra ver o ceo hai que deixar chover,
e será noso o amencer
Nunca deixarei de viaxar
polo vento e as ondas do mar,
porque nunca deixará de chover,
pois só así a vida pode renacer
Cada mañá, un dia máis polo que loitar
Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán
Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará
Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás,
e ondas golpean furiosas,
como se a terra quixesen tragar
Que a néboa non che impida ver,
que non pare os teus pés
Pra ver o ceo hai que deixar chover,
e será noso o amencer
|
||||
4. |
Samesugas
05:53
|
|||
Zugan nas vidas de todos os que están ao seu redor
coma samesugas, alimentándose de nós
Chegaron moi alto, mais pisando ós demais,
demasiado a présa pra se desculpar
Esquecen que non temos nada que perder
Contra a súa miseria , sempre en pé!
Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos
Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos
Crédevos deuses, e só vermes ides morrer
É o que merecedes por roubar
a quen non se pode defender
Chegaron moi alto, teñen todo e queren máis
Así afogaran na súa propia monstrosidade
Esquecen que non temos nada que perder
Contra o seu sistema, sempre en pé!
Asasinos silenciosos desexosos de poder,
chegou o momento de pagar coa vosa pel
|
||||
5. |
O Espertar
06:05
|
|||
Camiño en soidade, deixando atrás o alborear
As árbores cobren todo, e xa só oio o cantar do vento
No bosque son só un murmurio máis
Escoita o berro enxordecedor da terra
Observa a súa grandeza, quen a pode igualar?
O seu poder rexurdirá
Abro a miña ialma e sinto o frío do ceo gris
Ollo ó mar de nubes, o seu dominio non ten fin
O ar entre as follas inúndame co seu latir
No alto da montaña a fraga esténdese ante min,
tan inmensa e tan puras as súas cores,
tan perfecta na ausencia do home
Escoita o berro enxordecedor da terra
Observa a súa grandeza, quen a pode igualar?
Escoita o berro enxordecedor da terra
Observa a súa grandeza, quen a pode igualar?
O seu poder rexurdirá
|
||||
6. |
Na Distancia
05:05
|
|||
Indo á deriva, chegamos a ningures
Indo ó final do mundo, chegou o meu e teu
De todas as metas, fixemos ningunha
De todos os nuncas, ningún sen facer
Olvido, odio, negación ou indiferenza
Ti que prefires, non xogar ou perder?
Nesta distancia, por nós mesmos creada,
de muros ilusorios de ren e nada
Que nós pasou? Que rompeu a calma?
Que é este abismo entre os nosos pés?
Imaxes distorsionadas na distancia
Quen quere dar o seu brazo a torcer?
Dóeme a cabeza de fracasos, de pensar
no que puido ser, no que nunca será,
pois aínda sigo ca tonta esperanza de volver atrás
Se só puidese volver atrás... Sal da miña testa!
Indo á deriva, chegamos a ningures
Indo ó final do mundo, chegou o meu e teu
Nesta distancia, por nós mesmos creada,
de muros ilusorios de ren e nada
Que nos pasou? Que rompeu a calma?
Que é este abismo entre os nosos pés?
Imaxes distorsionadas na distancia
Quen quere dar o seu brazo a torcer?
|
||||
7. |
O Momento é Xa
06:45
|
|||
Gobernan en silencio, sométennos á súa vontade
Diñeiro, poder máis alá do imaxinable
Eles poñen os límites, farás todo o que eles digan
Eles son a elite que nos aplasta á maioría
Crecen coas mentiras, cada vez máis e máis
O mundo nas súas mans cos seus crimes legais,
mais quizais algún día todo o podamos mudar
Non poderán con nós se unimos as nosas mans,
se berramos que o momento é xa
Familias na rúa, pero todo vai ben
Choran os nenos, un día máis sen comer,
pero é utopía que o podan facer
Non queda outra que calar e obedecer
Guerras e fame, pero todo vai ben
Cóntanche o como pero non o por que
Non contan por que eles gañan máis e máis,
e máis e máis xente morre detrás
Conformarse é un suicidio, nesta sociedade caníbal
é comer ou ser comido, desta vez non nos imos calar
Século tras século, así seguirá o mesmo xogo de azar?
Gobernan en silencio, sométennos á súa vontade
Diñeiro, poder máis alá do imaxinable
Eles poñen os límites, farás todo o que eles digan
Eles son a elite que nos aplasta á maioría
Crecen coas mentiras, cada vez máis e máis
O mundo nas súas mans cos seus crimes legais,
mais quizais algún día todo o podamos mudar
Non poderán con nós se unimos as nosas mans,
se berramos que o momento é xa
|
||||
8. |
Lobishomes
06:30
|
|||
Vilkolakiai, vilkolakiai
Vilkolakiai, vilkolakiai
A furia esperta, a noite cae, e a cobiza fai aflorar
as pantasmas de dentro dos homes,
presos da falsa liberdade que torna
o xénero humano en predadores
Desta guerra de lobos, escoita a única verdade:
que xa só manda a lei do capital,
é o imperio dos porcos
Vilkolakiai, vilkolakiai
Vilkolakiai, vilkolakiai
A furia esperta, a noite cae, e a cobiza fai aflorar
as pantasmas de dentro dos homes,
presos da falsa liberdade que torna
o xénero humano en lobishomes
Desta guerra de lobos, escoita a única verdade:
Que xa só manda a lei do capital
e o imperio dos porcos
|
Dioivo Vigo, Spain
Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous
álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.
Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more
Streaming and Download help
If you like Dioivo, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp