We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo II

by Dioivo

supported by
DK
DK  thumbnail
DK Galician black metal.Melodic black metal with heavy metal guitar riffs.
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

  • Full Digital Discography

    Get all 21 Dioivo releases available on Bandcamp and save 20%.

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality downloads of Todo lo que Nace Muere, Por 100 Anos Máis, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 30, Cara os Ceios Incrementes, Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores, Dioivo I / Outra Vida É Posible, Hai Sede na Nova Galicia, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 27, and 13 more. , and , .

    Purchasable with gift card

      €25.60 EUR or more (20% OFF)

     

  • Edición en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Limitada a 160 copias dun total de 200 incluíndo a edición especial.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Edición especial en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Inclúe a edición en CD cuberta por unha funda de cartón coa portada sen logo, para poder apreciar o deseño do álbum do mellor xeito posible. Limitada ás 40 primeiras copias das 200 numeradas en total.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Camiseta negra (logo pequeno)
    T-Shirt/Apparel + Digital Album

    Negra co logo en pequeno na parte dianteira. Inclúe coma agasallo unha descarga de balde... Lembrade que tamén podedes mercala poñéndovos en contacto connosco por redes sociais! Na foto, talla L.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Non hai tregua, imos xa por vós! Ela quere voar lonxe desta terra que a tratou tan mal Pois iso pódese arranxar Só precisa un pequeno impulso que a despegue deste chan, e así atopar a paz, ata chegar á lúa Polos ceos, ceibe ó fin será Gloria! A gota que encheu o vaso, non temos que agardar máis O espazo explorará, e de lume e raios nunha nube viaxará, unha explosión de gloria Se sigue así vai rebentar, e nós preferimos vela traballar Ela quere voar lonxe desta terra que a tratou tan mal Pois iso pódese arranxar O estalido de gloria a golpeará, comezará unha nova carreira Ata chegar á lúa, polos ceos, ceibe ó fin será Gloria! A gota que encheu o vaso, non temos que agardar mais O espazo explorará, e de lume e raios nunha nube viaxará, unha explosión de gloria Non temos que agardar máis Non temos que agardar máis
2.
Falan dun deus falso que sirve ó seu terror, que odia e fere e mata segundo a súa disposición Creando escravos que non cuestionen a orde social Manipulando en secreto, mantendo o seu disfrace O seu deus é o capital E o nazareno na cruz retórcese de dor, ca súa mensaxe traizoada para servir aos porcos Afogados en ouro, sendo o opio do pobo, poñéndose de lado de quen aniquila os soños Son quen lles tapan a luz, cravándolle de novo á cruz
3.
Dioivo 05:55
Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás, e ondas golpean furiosas, como se a terra quixesen tragar Que a néboa non che impida ver, que non pare os teus pés Pra ver o ceo hai que deixar chover, e será noso o amencer Nunca deixarei de viaxar polo vento e as ondas do mar, porque nunca deixará de chover, pois só así a vida pode renacer Cada mañá, un dia máis polo que loitar Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás, e ondas golpean furiosas, como se a terra quixesen tragar Que a néboa non che impida ver, que non pare os teus pés Pra ver o ceo hai que deixar chover, e será noso o amencer
4.
Samesugas 05:53
Zugan nas vidas de todos os que están ao seu redor coma samesugas, alimentándose de nós Chegaron moi alto, mais pisando ós demais, demasiado a présa pra se desculpar Esquecen que non temos nada que perder Contra a súa miseria , sempre en pé! Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos Crédevos deuses, e só vermes ides morrer É o que merecedes por roubar a quen non se pode defender Chegaron moi alto, teñen todo e queren máis Así afogaran na súa propia monstrosidade Esquecen que non temos nada que perder Contra o seu sistema, sempre en pé! Asasinos silenciosos desexosos de poder, chegou o momento de pagar coa vosa pel
5.
O Espertar 06:05
Camiño en soidade, deixando atrás o alborear As árbores cobren todo, e xa só oio o cantar do vento No bosque son só un murmurio máis Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? O seu poder rexurdirá Abro a miña ialma e sinto o frío do ceo gris Ollo ó mar de nubes, o seu dominio non ten fin O ar entre as follas inúndame co seu latir No alto da montaña a fraga esténdese ante min, tan inmensa e tan puras as súas cores, tan perfecta na ausencia do home Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? O seu poder rexurdirá
6.
Na Distancia 05:05
Indo á deriva, chegamos a ningures Indo ó final do mundo, chegou o meu e teu De todas as metas, fixemos ningunha De todos os nuncas, ningún sen facer Olvido, odio, negación ou indiferenza Ti que prefires, non xogar ou perder? Nesta distancia, por nós mesmos creada, de muros ilusorios de ren e nada Que nós pasou? Que rompeu a calma? Que é este abismo entre os nosos pés? Imaxes distorsionadas na distancia Quen quere dar o seu brazo a torcer? Dóeme a cabeza de fracasos, de pensar no que puido ser, no que nunca será, pois aínda sigo ca tonta esperanza de volver atrás Se só puidese volver atrás... Sal da miña testa! Indo á deriva, chegamos a ningures Indo ó final do mundo, chegou o meu e teu Nesta distancia, por nós mesmos creada, de muros ilusorios de ren e nada Que nos pasou? Que rompeu a calma? Que é este abismo entre os nosos pés? Imaxes distorsionadas na distancia Quen quere dar o seu brazo a torcer?
7.
Gobernan en silencio, sométennos á súa vontade Diñeiro, poder máis alá do imaxinable Eles poñen os límites, farás todo o que eles digan Eles son a elite que nos aplasta á maioría Crecen coas mentiras, cada vez máis e máis O mundo nas súas mans cos seus crimes legais, mais quizais algún día todo o podamos mudar Non poderán con nós se unimos as nosas mans, se berramos que o momento é xa Familias na rúa, pero todo vai ben Choran os nenos, un día máis sen comer, pero é utopía que o podan facer Non queda outra que calar e obedecer Guerras e fame, pero todo vai ben Cóntanche o como pero non o por que Non contan por que eles gañan máis e máis, e máis e máis xente morre detrás Conformarse é un suicidio, nesta sociedade caníbal é comer ou ser comido, desta vez non nos imos calar Século tras século, así seguirá o mesmo xogo de azar? Gobernan en silencio, sométennos á súa vontade Diñeiro, poder máis alá do imaxinable Eles poñen os límites, farás todo o que eles digan Eles son a elite que nos aplasta á maioría Crecen coas mentiras, cada vez máis e máis O mundo nas súas mans cos seus crimes legais, mais quizais algún día todo o podamos mudar Non poderán con nós se unimos as nosas mans, se berramos que o momento é xa
8.
Lobishomes 06:30
Vilkolakiai, vilkolakiai Vilkolakiai, vilkolakiai A furia esperta, a noite cae, e a cobiza fai aflorar as pantasmas de dentro dos homes, presos da falsa liberdade que torna o xénero humano en predadores Desta guerra de lobos, escoita a única verdade: que xa só manda a lei do capital, é o imperio dos porcos Vilkolakiai, vilkolakiai Vilkolakiai, vilkolakiai A furia esperta, a noite cae, e a cobiza fai aflorar as pantasmas de dentro dos homes, presos da falsa liberdade que torna o xénero humano en lobishomes Desta guerra de lobos, escoita a única verdade: Que xa só manda a lei do capital e o imperio dos porcos

about

Despois de sacar o noso EP autoproducido, Dioivo (I), este é o noso primeiro disco de longa duración. Dioivo II foi gravado, mesturado e masterizado por Zoilo Unreal (Unreal Overflows, Fallen Sentinel, Mileth...) en Marín, Galiza, e editado polo selo malagueño Darkwoods (Dantalion, Nakkiga, Lóstregos...) o 8 de xaneiro de 2019.

Podedes mercalo na súa páxina web, darkwoods.eu, e no seu Bandcamp, withinthedarkwoods.bandcamp.com/album/dioivo-ii.

Non esquezades botarlle un ollo ao videoclip oficial de "Lobishomes": www.youtube.com/watch?v=NwIzQDCu_-I

Ademais, durante o confinamento pola primeira onda de covid-19 no Estado español, ante a imposibilidade de vernos ou dar concertos, realizamos o seguinte videoclip con anacos de actuacións en directo e outros episodios da historia da banda, para o tema "O Derradeiro Voo": www.youtube.com/watch?v=uCMQwNeYDlw

credits

released January 8, 2019

Daniel Valladares Otero: batería, percusións
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra eléctrica de 12 e 7 cordas, guitarra clásica e acústica, voz

Todas as cancións escritas e arranxadas por Dioivo.
Modelo de portada: Marta Mouriño.
Deseño: Dios Perezoso (puertaoskura.com).

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account