We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo III

by Dioivo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €6 EUR  or more

     

  • Full Digital Discography

    Get all 21 Dioivo releases available on Bandcamp and save 20%.

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality downloads of Todo lo que Nace Muere, Por 100 Anos Máis, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 30, Cara os Ceios Incrementes, Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores, Dioivo I / Outra Vida É Posible, Hai Sede na Nova Galicia, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 27, and 13 more. , and , .

    Purchasable with gift card

      €25.60 EUR or more (20% OFF)

     

  • Edición en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Limitada a 120 copias dun total de 150 incluíndo a edición especial.

    Includes unlimited streaming of Dioivo III via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Edición especial en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Inclúe a edición en CD cuberta por unha funda de cartón cunha portada alternativa. Limitada ás 30 primeiras copias das 150 numeradas en total.

    Includes unlimited streaming of Dioivo III via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Camiseta negra (logo pequeno)
    T-Shirt/Apparel + Digital Album

    Negra co logo en pequeno na parte dianteira. Inclúe coma agasallo unha descarga de balde... Lembrade que tamén podedes mercala poñéndovos en contacto connosco por redes sociais! Na foto, talla L.

    Includes unlimited streaming of Dioivo III via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Ensinando os dentes e amosando convicción, volven alzarse as barreiras É cedo que os nosos xigantes regresarán, feitos de ferro e xenreira Con novas formas ninguén nos pode limitar Coas mesmas armas que non deixamos de empuñar Coa firme idea de verlles arder É cedo que os nosos xigantes regresarán Espiga, engrenaxe e estrela Un para que non falte o pan xamais, dous para avanzar, tres para guiar o paso ó camiñar Con novas formas ninguén nos pode limitar Coas mesmas armas que non deixamos de empuñar Coa firme idea de verlles arder Ferro, xenreira, convicción, volven alzarse volven alzarse, volven alzarse É cedo que os nosos regresarán É cedo que os nosos van regresar Con novas formas, non nos poden limitar Coas mesmas armas que non deixamos de empuñar Coa firme idea de verlles arder
2.
Outra Vez 05:11
Ó rematar, só quedan a dor e a decepción de que quizais todo foi en vano, pois todo é sempre tan fugaz, tan efémero E, aínda así, eu sigo agardando, a que? Dime que máis podo facer Non podo ver, quero esquecer que eu precisábate e deixáchesme morrer Non podo máis, só quero voltar a ser eu outra vez As bombas caen, e en cárceres afastadas moitos mártires que aínda agardan saír Mentres, eu sigo ca ollada vidrosa fixa en verbas que quizais nunca foron para min Verbas que quedaron vellas tan pronto e só son xa un recordo culpable que me quere morto Mellor non abandonarse en mans de ninguén, e así nunca esquecer quen es Sen promesas cravadas dentro de ti, e así non ter que arrincalas da túa pel Dime que máis podo facer Non podo ver, quero esquecer que eu precisábate e deixáchesme morrer Non podo máis, só quero voltar a ser eu outra vez
3.
A Espiral 08:09
Toda a historia móvese en espiral Parece voltar ó mesmo lugar sen nunca parar de avanzar Contradición - Antítese Negación da negación - Síntese Cambio dialéctico das condicións materiais sempre en proceso Unidade de contrarios fronte á lóxica metafísica Espiral perpetua de traxedias e de farsas sobre a forza motora das relacións de produción Causa material dun desenlace inevitable Resolver a contradición - Antítese Negación da negación - Síntese Cambio dialéctico das condicións materiais, sempre en proceso, sempre en proceso Toda a historia móvese en espiral Parece voltar o mesmo lugar sen nunca parar de avanzar Nunca Máis! Nunca Máis!
4.
Adro 02:08
5.
Por verte caer dou os meus folgos e o corazón, porque xa sei que é imposible quedar ledos os dous Golpe por golpe, suor por suor, vas sufrir só o que fixeches con nós E cando esteas axeonllado ante min, mirarte aos ollos, cuspirche e sorrir por fin Non pode haber paz entre quen fixo e quen llo roubou Entre clases guerra total, sen cuartel, sen descanso, e entre pobos, solidariedade e apoio mutuo Entre clases guerra total, sen cuartel, sen descanso, e entre pobos, solidariedade e apoio mutuo, Entre clases guerra total, sen cuartel, sen descanso, Non pode haber paz entre quen fixo e quen llo roubou Golpe por golpe, suor por suor, vas sufrir só o que fixeches con nós E cando esteas axeonllado ante min mirarte aos ollos, cuspirche e sorrir, e chegará un día en que che dea a man só cando pagues portarte tan mal E cando esteas ca túa man ante min mirarte aos ollos, cuspirche e sorrir por fin
6.
O Anoitecer 01:08

about

Dioivo III é o noso segundo EP. Gravado nos estudos Namek de Vigo con Manu de Taiga Dukha ao mando, ten un son moito máis crú e orgánico que o álbum que o precedeu. Ademais, nel probamos moitos elementos novos, dende as voces limpas ou o banxo ata elementos de folk ou de punk. Xa nos diredes que vos parece!

Neste disco contamos coa colaboración de Dana e Marcos, da bandaza de folk metal Mileth, tanto en Ferro e Xenreira coma no aturuxo de Golpe por Golpe. Tamén con Amara Fontao Saavedra na portada e cos deseños de Dios Perezoso, todo isto coa coidada edición, como non, de Darkwoods.

Podedes mercalo na súa páxina web, darkwoods.eu, e no seu Bandcamp, withinthedarkwoods.bandcamp.com/album/dioivo-iii.

Aqui tedes o vídeo de adianto de Ferro e Xenreira: www.youtube.com/watch?v=0L-codwqsrs

Aquí o videoclip de Golpe por Golpe realizado por Brais Gómez Salvador: www.youtube.com/watch?v=Ez_FEN5JHr0

credits

released March 30, 2021

Daniel Valladares Otero: batería, percusións
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra eléctrica de 12 e 6 cordas, guitarra clásica, banxo, programacións, voz

Dana da Carballeira: voz en Ferro e Xenreira
Marcos do Relicario: voz en Ferro e Xenreira, aturuxo en Golpe por Golpe

Todas as cancións escritas e arranxadas por Dioivo.
Mesturado e masterizado por Manu Coia nos estudios Namek.
Modelo de portada: Amara Fontao Saavedra
Deseño: Dios Perezoso (puertaoskura.com).

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: