We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O Espertar

by Dioivo

/
1.
2.
Camiño en soidade, deixando atrás o alborear As árbores cobren todo, e xa só oio o cantar do vento No bosque son só un murmurio máis Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? O seu poder rexurdirá Abro a miña ialma e sinto o frío do ceo gris Ollo ó mar de nubes, o seu dominio non ten fin O ar entre as follas inúndame co seu latir No alto da montaña a fraga esténdese ante min, tan inmensa e tan puras as súas cores, tan perfecta na ausencia do home Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? Escoita o berro enxordecedor da terra Observa a súa grandeza, quen a pode igualar? O seu poder rexurdirá
3.
Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás, e ondas golpean furiosas, como se a terra quixesen tragar Que a néboa non te impida ver, que non pare os teus pés Pra ver o ceo hai que deixar chover, e será noso o amencer Nunca deixarei de viaxar polo vento e as ondas do mar, porque nunca deixará de chover, pois só así a vida pode renacer Cada mañá, un dia máis polo que loitar Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás, e ondas golpean furiosas, como se a terra quixesen tragar Que a néboa non te impida ver, que non pare os teus pés Pra ver o ceo hai que deixar chover, e será noso o amencer
4.
Sempre ó final só queda a dor e a decepción de que quizais todo foi en vano, pois todo é sempre tan fugaz, tan efémero, e aínda así eu sigo agardando, a que? Dime que podo facer Non podo ver, quero esquecer que eu precisábache e deixáchesme morrer Non podo máis, só quero voltar a ser eu outra vez As bombas caen, e en cárceres afastadas moitos mártires aínda esperan saír, e mentres eu sigo ca ollada vidrosa fixa en verbas que quizais nunca foron pra min Verbas que se quedaron vellas tan pronto e só son xa un recordo culpable que me quere morto Mellor non esperar nada de ninguén, e así nunca esquecer quen eres Sen promesas cravadas dentro de ti, e así non ter que arrincalas da túa pel Dime que máis podo facer Non podo ver, quero esquecer que eu precisábache e deixáchesme morrer Non podo máis, só quero voltar a ser eu outra vez
5.
6.
Zugan nas vidas de todos os que están ao seu redor coma samesugas, alimentándose de nós Chegaron moi alto, mais pisando ós demais, demasiado a présa pra se desculpar Esquecen que non temos nada que perder Contra a súa miseria , sempre en pé! Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos Crédevos deuses, e só vermes ides morrer É o que merecedes por roubar a quen non se pode defender Chegaron moi alto, teñen todo e queren máis Así afogaran na súa propia monstrosidade Esquecen que non temos nada que perder Contra o seu sistema, sempre en pé! Asasinos silenciosos desexosos de poder, chegou o momento de pagar ca vosa pel

about

Edición dixital da demo grabada ao vivo nos estudios Mafia de Carballiño en decembro de 2017, lanzada así mesmo por Dawn of Murk (subselo de Darkwoods) coma edición especial en digipack limitada en 2018.

Podedes atopar dita versión entre a nosa discografía nesta páxina, así coma no Bandcamp da discográfica: withinthedarkwoods.bandcamp.com/album/o-espertar

credits

released December 26, 2017

Daniel Valladares Otero: batería
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra, voz

Yara Martínez Cambra: portada

Grabado nos estudios Mafia por Óscar Fernández "Chichi".

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: