We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores

by Dioivo

/
1.
Ei, oe, oe, irmán, os cañóns soan lonxe Será que alguén conseguíu facer algunha guerra, outra guerra? "Soldados valientes os haréis luchando en ella", nos decían polos bares e os lares da vida Berro de á carga, direito ó enemigo Espidas armas avanzan cara seu destino Barullo, fume, cruzan balas ó vento e un estoupido fai que no chan a testa pense soa E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? Sementar a morte, matar por non morrer E o sangue corre, tinxindo unha bandeira Xenerais lonxe da escea preocupados por gañar Sen dubidar, vidas alleas sacrifican pola patria Xente condenada a incerto subsistir Por causa de etnias e de fronteiras E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? Nunha besta convertida, a batalla rematou Seus dominios, ignorados pola masa sometida Loita fratricida, xenreira sen final Paz significa deserción en cadea E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?

about

Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores é unha recompilación lanzada con motivo do Día das Letras Galegas 2023, na que 10 bandas actuais rendemos tributo á 10 bandas galegas históricas, xa extintas pero que foron clave na escena das nosas cidades e vilas. Nós eliximos para versionar a canción "Unha de Guerra", da lendaria banda viguesa de hardcore punk e crossover thrash Desvirgheitors. Aquí a tedes!

Nesta canción tivemos a inmensa honra de colaborar coa baixista, fundadora e compositora de Desvirgheitors, Pili Dios. Unha pioneira da escena á que admiramos moito. Mil grazas, Pili! Lembrade que este tema foi incluído en 1992 na compilación contra o servizo militar Deserción, e ao ano seguinte no LP homónimo da mítica banda.

Polo momento as cancións da recompilación só están dispoñibles para ser escoitadas en liña, pero estamos traballando nunha edición en físico con máis sorpresas. As bandas que temos lanzado a recompilación dixital somos. Aquelarre, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies, Dioivo, Mileth, Pneura, Schwarzenegger, Somos Nos, Xerión e Xhamain. Ademais da de Desvirgheitors, aparecen cancións de Los Piratas, Mutant Squad, Épsilon, Nordés, Los Suaves, Consumatum Est, Mol, Detestor e Nowhere.

Podedes escoitar o tema orixinal aquí: www.youtube.com/watch?v=4wvp1PdHyBQ

credits

released May 17, 2023

Pili Dios: baixo
Daniel Valladares Otero: batería
Jacobo Mouriño Almeida: voz, guitarra

Gravado, mesturado e masterizado por Dany Soengas en DS Audio, Vigo. Baixo gravado en Vigo por Jean Marc Van Loo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account