We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo I (Loita Underground)

by Dioivo

/
1.
Demasiado tempo de ceder e rendirse ó silencio, que murchou os beizos dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca e o sangue brota da roca Terra de meigas que nunca calaron perante os cregos Terra de cegos, de tantas cantigas de amor que morreron, dun pobo que se olvidou de si mesmo Séculos que se perderon no vento, séculos escuros que nós non esqueceremos Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas das voces non silenciosas A neve converte en xeo todo o que toca, e o sangue brota da roca E mentres tanto, nós seguimos a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis E mentres tanto, nós seguimos o a esperar Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis
2.
Ao Lonxe 06:17
Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Fuxindo dos monstros da guerra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde Viaxando pola tempestade, os lóstregos non poderán pararme Voltarei deste exilio, porei fin a esta saudade Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Cara a outro mundo, lonxe da miña terra, as lembranzas queiman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde, pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde
3.
Cegos 04:27
Temos que dicir que chove cada vez que a pedra afoga a outro máis Só é outro máis, e levamos a venda nos ollos e as cadeas, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar A realidade está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar Saca as forzas para seguir, faino por todos E día tras día propaganda dicindo "non hai otra vía, obece e non olvides quen manda" E así seguimos, levando as cadeas mentres eles marcan a axenda, pois se non te moves parece que non as levas e as feridas non se ven, antes que o peso da realidade ferindo os nosos pés Pero está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar A realidade está ante ti, abre os ollos Non deixes que miren máis por ti e verás o que nos tentan ocultar Saca as forzas para seguir, faino por todos Tan só abre os ollos, faino por todos, tan só abre os ollos
4.
Só hai fame e miseria baixo esta choiva de sal Eles gañaron a guerra, pero este lume non o poden apagar Se o sol non alumea, seremos o luar O pobo xa sufriu dabondo, xuntos poderémolo ceivar Ímolo ceivar Gallaecia, Finis Terrae, chegou o día de espertar Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae, a escravitude rematará Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Este lume non o poden apagar, terra esquecida nunca máis Ímola ceivar, a pedra crebará Morre a natureza baixo esta choiva de sal Só hai fame e miseria nunha terra cega de chorar Mais a forza dun pobo é coma as ondas do mar, sempre volta, sempre volta, e ó final a pedra crebará A pedra crebará Gallaecia, Finis Terrae, chegou o día de espertar Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae, a escravitude rematará Nunca máis terra esquecida, Gallaecia, Finis Terrae Gallaecia, Finis Terrae
5.
Nunca Máis 07:04
Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Tentaron roubala, tentaron calala, mais contra ela non podes gañar, e por iso, minten e minten por medo, pois preto está o seu final Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Cansos xa de aguantar agresións sen resposta, o vento de cambio é xa un furacán, e xa non se pode parar Dende os ceos escóitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Pois contra ela non podes gañar, o vento é xa un furacán que xa non se pode parar, moi preto está o seu final Cansa xa de aguantar, a terra terá a súa vinganza Dende os ceos escóitanse os seus berros, porque o futuro é para nós Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis! Nunca máis!
6.
Sempre pola morte esperas, mais a morte nunca vén, a morte nunca vén Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Soio, soio é remedio a morte para curar da vida, para curar da vida Pensas que as penas poden, poden matar dunha vez? Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel Sempre pola morte esperas Soio é remedio a morte, mais a morte nunca vén Tras de roer e roer, só deixan un corpo cando xa non ten que comer nel
7.
Coda 02:49

about

Tirada de 50 copias autoeditada por nós en colaboración co selo Loita Underground, co número de catálogo L.U.28, a principios de 2017. Inclúe "Sempre pola Morte Esperas" coma sexta pista, entre "Nunca Máis" e "Coda".

credits

released September 8, 2017

Daniel Valladares Otero: batería
Jacobo Mouriño Almeida: guitarra, voz

Todas as cancións compostas e arranxadas por Dioivo.

Grabado e mesturado por Pablo López Figueroa
Modelo de portada: Yara Martínez Cambra

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account