We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Hai Sede na Nova Galicia

by Dioivo

/
1.
Sede nos ermos outeiros e nas poeirentas chairas, nos arpados nopaleiros, e nas enxoitas airas Nas lagúas enlamadas de arneiro xabre cinguidas Sede nas irtas valgadas e nas terras íspidas Sede nas mortas aldeias, nas congostras, nos carreiros e nas queimantes areias dos escoados regueiros Nas árbores desfolladas que erguen, en mudo queixume, súas ponlas estordegadas, fogueiras a arder sen lume Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Sede o coiote ouveante, sede a cobra pezoñenta Sede a iguana cincenta Os carneiros tosquiados, o armentío famento, os pegureiros coitados... Sede, universal tormento! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida, da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Da teixa, enrugada terra, do azur, de cote a brilar, do vento ardente que berra, da natureza a esligar! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida

about

Nesta canción poñemos música ao poema homónimo de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Quixemos celebrar unha data tan sinalada coa nosa propia homenaxe. Agardamos que vos guste! O tema foi gravado, unha vez máis, por Dany Soengas de Atreides e Lardelúa, e o videoclip, veu da man de YOD Multimedia. Un millón de grazas polo traballazo. Podedes ver o vídeo aquí: www.youtube.com/watch?v=BG5nPy2QBGo

credits

released May 10, 2022

Daniel Valladares Otero: batería e percusión
Jacobo Mouriño Almeida: guitarras e voz

Gravado, mesturado e masterizado por Dany Soengas en DS Audio, Vigo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account