We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cara os Ceios Incrementes

by Dioivo

/
1.
Que importa que nos craven as cadeas se o esprito segue ceibe coma o mar? Que importa que asolaguen as bombillas se non poden matar a luz do sol? Que importa, irmao, que morra a pomba se deixa os seus pombiños a voar? Que importa que nos maten se deixamos semente de mencer? Que importa, irmao, un dique posto ó mar?
2.
Cabeiros 05:36
Outra mentira máis, outro cravo, para cravar as miñas mans na cruz, que será o meu ataúde Non queda xa nada baixo a pel, non queda máis que roer e nada por quitar, que pretendes atopar? Pois só queres gardar un corpo morto para non deixalo espertar Déixame, ao fin podo ver E non vou caer na túa trampa unha vez máis Déixame, ao fin podo ver Non voltarei ter os teus cabeiros sobre min Tes máis onde elexir, máis escravos que ferir Por que sempre eu? Quero liberarme ao fin deixar sempre de fuxir Caín con verbas de amor e ao final rompín Déixame, ao fin podo ver E non vou caer na túa trampa unha vez máis Déixame, ao fin podo ver Non voltarei ter os teus cabeiros sobre min
3.
Sede nos ermos outeiros e nas poeirentas chairas, nos arpados nopaleiros, e nas enxoitas airas Nas lagúas enlamadas de arneiro xabre cinguidas Sede nas irtas valgadas e nas terras íspidas Sede nas mortas aldeias, nas congostras, nos carreiros e nas queimantes areias dos escoados regueiros Nas árbores desfolladas que erguen, en mudo queixume, súas ponlas estordegadas, fogueiras a arder sen lume Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Sede o coiote ouveante, sede a cobra pezoñenta Sede a iguana cincenta Os carneiros tosquiados, o armentío famento, os pegureiros coitados... Sede, universal tormento! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida, da verde Terra arelada, a das choivas benquerida, da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Da teixa, enrugada terra, do azur, de cote a brilar, do vento ardente que berra, da natureza a esligar! Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos, cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida da verde Terra arelada, a das choivas benquerida
4.
Aman a miseria, non ó miserable, porque a precisan para non morrer, para facer crer que son indispensables e afianzar ós seus amos no poder Un sorriso de traición, e cara amable ó cravar o coitelo no teu lombo Furia implacable contra os que sexan reais Facendo crer que non son o mesmo, ó final crérono eles tamén Atacan a todo aquel que queira un cambio, é a súa misión neste xogo de poder Pretenden tapar a ferida con parches, en vez de curala para cicatrizar E seguir cantando os seus cantos de serea que contra as pedras quérennos crebar A caridade levan por bandeira, din que somos un, que nos van protexer Para logo vendernos ó mellor prezo ou a cambio dun posto calquera de poder Un sorriso de traición, e cara amable ó cravar o coitelo no teu lombo Furia implacable contra os que sexan reais
5.
A Viaxe 07:18
Sinte romper contra o teu peito a realidade, feita anacos de papel Derrítense os teus ollos, e a túa mente viaxa a mundos onde non viaxou ninguén Todo se move, todo ten sentido, todo flúe e todo xira en torno a el Caleidoscopio que se abre ante os teus ollos, non hai espazo para dudas ou porqués So hai destiño para os que o levan con el, depende só de se o queres ter Só importa o como, nunca o que, é o preludio do que logo vén Quero volver, voltar ler todas as páxinas ocultas do saber E tolear para coñecer todo o que a nosa mente quere esconder Que estás disposto a perder? Non sei que é falso, mentira, verdadeiro, non importa, todo esta baixo os teus pés, mentres flotas sen rumbo polo baleiro en mundos onde non viaxou ninguén Todo se move, todo ten sentido, todo flúe e todo xira en torno a el Caleidoscopio que se abre ante os teus ollos, non hai espazo para dudas ou porqués So hai destiño para os que o levan con el, depende só de se o queres ter Só importa o como, nunca o que, é o preludio do que logo vén Quero volver, voltar ler todas as paxinas ocultas do saber Enloquecer para coñecer todo o que a nosa mente quere esconder Que estás disposto a perder?
6.
Paranoia 08:25
Tocar o ceo para logo caer contra o chan, como escoitando a música máis bella e logo o ruido da realidade, e sentir o sal nas feridas porque a vida é así de real Paranoia Caos, euforia que non é máis que ilusoria, mentres perdes a memoria nun mar de falsa gloria Caos, euforia, que non é máis que ilusoria, mentres perdes a memoria nun mar de falsa gloria O que parece real é falso, e que máis da? Non debes esquecer o que é importante de verdade Non son os soños, é o que fas ó espertar Que o mero xogo non afaste a realidade Paranoia, paranoia
7.
O Rei 05:33
Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Fixeches normal o ser ti máis ca os demais Adorábate sen pensar, ninguén te podía tocar, mais xa non vale o teu disfraz Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar Dime, no espello que ves? Sen escravos ao carón ti xa non es ninguén Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Agora xa sei que en min non vai mandar nunca un rei Acostumado a reinar, agora que todo acaba, que farás? Ninguén que poidas culpar Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar O teu reino, onde está? De que vale a túa coroa rodando polo chan? Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar Dime, no espello que ves? Sen escravos ao carón ti xa non es ninguén Ti xa non es ninguén
8.
Ata o Final 05:19
A mesma farsa unha vez máis, fannos crer que é liberdade A democracia do seu imperio a ferro e sangue a imporán Crense tocados por Deus e co dereito a saquear e dobregar as almas libres, só podes morrer ou matar Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final loitarei Falsa superioridade, é mellor quen mata a terra máis Quen a cambio de ouro e prata devora ós seus irmáns A humanidade morre lentamente, a eles dalles igual O pesadelo xa é real, só podes morrer ou matar Alguén terá que chorar, temos todo por gañar Loita polos teus irmáns, só un pouco máis Ata o final loitarei, ata o final loitarei Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei, ata o final loitarei
9.
“Todo o bosco brilaba, cunha estreliña en cada folla. Eu camiñaba en dirección da estrada real vella. A Grande Fraga de Tagen Ata era coma unha campán enorme onde resoaba o arruallo do meu corazón. Que emoción fonda a miña, introducíndome na fraga, en precura do meu!” Rotbaf: Chámome Rotbaf, da ITA do esterior. Veño visitar a Ulm Roan Taberneiro de Ok: Silencio! Nin nome nin siglas poden ser pronunciadas. Non esiste isa organización Rotbaf: Débeme levar! Taberneiro de Ok: Pode ir soia. Xa non hai que tomar precaución ningunha hoxe en día pra ir onda Ulm Roan! Tía Natalia: Pensa que estás en T. Aquí residen os obreiros do Arrabaldo do Norte. Eles endexamais poderán apoiar o nacionalismo de Ulm Roan. Convidados de Natalia: Nunca apoiarán, non, o vello xeito de entender Tagen Ata que ten Ulm Roan. Nunca apoiarán, non, o vello xeito de entender Tagen Ata que ten Ulm Roan. Ulm Roan: Non podo salvar o país! Non podo facer outra cousa que poemas. E salvar as esencias: a fala. Non máis que o barco do máis grande naufraxio. Son moitos séculos de sombra, Rotbaf. Hai cousas que o esterior iñora. Esqueza a organización. Vivides desconectados do país. Xa non hai máis que falar. Xa a ITA se disolveu, e o responsable son eu. Pois Terra Ancha ten xa unha Lei Autonómica que recoñece a Língoa e as obras públicas xa. Xa non hai máis que loitar. Xa non máis resistencia. “A benevolencia de Terra Ancha pódese vir abaixo. Os cimarróns pódeno desfacer todo”, dixo Ulm. “E quen son os cimarróns?” “Os cimarróns son os campesiños que se revoltan e tras de prantexaren reclamacións imposibles, cometen actos de violencia” Ulm Roan: En contubernio cos obreiros. En contra da xustiza natural. A autonomía vense abaixo, se a Terra Ancha conquiren irritar. Inda non sabes todo. Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional e proclámanse, proclámanse milicia da ITA. Os seus verdadeiros fins son desposuír aos señores naturás e aos propietarios honestísimos das factorías de T, E implantaren por todas partes a anarquía social! Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional e proclámanse, proclámanse milicia da ITA. E os patriotas disolvimos a ITA pra nos presentar cunha face distinta, cunha face distinta ante Terra Ancha. “Ulm Roan: Estás trabucado, que é a maneira máis académica que atopo pra dicir que es un traidor. Sei que non collerás o bon camiño porque fas parte da grea dos poderosos. Mesmo lle das beleza e coor aos seus principios. Serás, seredes rebasados. O vento da historia sopra de outro ponto. Adeus pra sempre, Rotbaf”
10.
Ei, oe, oe, irmán, os cañóns soan lonxe Será que alguén conseguíu facer algunha guerra, outra guerra? "Soldados valientes os haréis luchando en ella", nos decían polos bares e os lares da vida Berro de á carga, direito ó enemigo Espidas armas avanzan cara seu destino Barullo, fume, cruzan balas ó vento e un estoupido fai que no chan a testa pense soa E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? Sementar a morte, matar por non morrer E o sangue corre, tinxindo unha bandeira Xenerais lonxe da escea preocupados por gañar Sen dubidar, vidas alleas sacrifican pola patria Xente condenada a incerto subsistir Por causa de etnias e de fronteiras E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas? Nunha besta convertida, a batalla rematou Seus dominios, ignorados pola masa sometida Loita fratricida, xenreira sen final Paz significa deserción en cadea E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?
11.
A mesma farsa unha vez máis, fannos crer que é liberdade A democracia do seu imperio a ferro e sangue a imporán Crense tocados por Deus e co dereito a saquear e dobregar as almas libres, só podes morrer ou matar Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Falsa superioridade, é mellor quen mata a terra máis Quen a cambio de ouro e prata devora ós seus irmáns A humanidade morre lentamente, a eles dalles igual O pesadelo xa é real, só podes morrer ou matar Alguén terá que chorar, temos todo por gañar Loita polos teus irmáns, só un pouco máis Ata o final loitarei, ata o final loitarei Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei ata o final Loitarei, loitarei, loitarei, ata o final loitarei

about

Aquí está, por fin, o noso cuarto traballo de estudio e segundo álbum completo, Cara os Ceios Incrementes. Agardamos que o desfrutedes polo menos unha milésima parte do que nos desfrutamos facéndoo!

Este álbum é moi especial para nós, entre outras cousas, porque inclúe as adaptacións de obras literarias duns referentes tan grandes como son Darío Xohán Cabana, Florencio Delgado Gurriarán e Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén porque nel exploramos novas facetas da banda, como podedes comprobar por exemplo en Cabeiros, do que sacamos tamén un videoclip xenial de Brais Gómez Salvador.

Un millón de grazas a toda a xente implicada no álbum, e tamén a todas as persoas que nos escoitades. Vémonos nos escenarios!

credits

released June 9, 2023

Dioivo é:
Daniel Valladares Otero: batería, percusións
Jacobo Mouriño Almeida: guitarras, voces

Cancións 1-10 gravadas, mesturadas e masterizadas por Dany Soengas en DS Audio, Vigo. Canción 11 gravada ao vivo, mesturada e masterizada por Óscar “Chichi” nos Estudios Mafia, O Carballiño.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: