We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

about

Xunto con Paranoia, este tema forma unha mesma unidade temática, na que diferentes ideas musicais se xustapoñen unhas ás outras. Un tema tamén atípico en nós, coas súas longas partes instrumentais e o seu ritmo predominantemente medio-lento.

lyrics

Sinte romper contra o teu peito
a realidade, feita anacos de papel
Derrítense os teus ollos, e a túa mente
viaxa a mundos onde non viaxou ninguén
Todo se move, todo ten sentido,
todo flúe e todo xira en torno a el
Caleidoscopio que se abre ante os teus ollos,
non hai espazo para dudas ou porqués

So hai destiño para os que o levan con el,
depende só de se o queres ter
Só importa o como, nunca o que,
é o preludio do que logo vén
Quero volver, voltar ler todas as páxinas ocultas do saber
E tolear para coñecer
todo o que a nosa mente quere esconder
Que estás disposto a perder?

Non sei que é falso, mentira, verdadeiro,
non importa, todo esta baixo os teus pés,
mentres flotas sen rumbo polo baleiro
en mundos onde non viaxou ninguén
Todo se move, todo ten sentido,
todo flúe e todo xira en torno a el
Caleidoscopio que se abre ante os teus ollos,
non hai espazo para dudas ou porqués

So hai destiño para os que o levan con el,
depende só de se o queres ter
Só importa o como, nunca o que,
é o preludio do que logo vén
Quero volver, voltar ler todas as paxinas ocultas do saber
Enloquecer para coñecer
todo o que a nosa mente quere esconder
Que estás disposto a perder?

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: