We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Por 100 Anos M​á​is

by Dioivo

/
1.
A Fortuna a temos nós No agosto do ano 23 o trono azul celeste soou Hermida e Pahíño, O Corvo e Vlado brindan canda o Tsar as lendas celestes no ar Con forza e paixón, unha vez máis berraremos ala Celta Celta! Eu xunto a ti Caemos e volvemos levantar Ti xunto a min Somos o Celta de Vigo que sae de novo a gañar sen rendirse xamais hoxe e por 100 anos máis No teatro dos soños, golpearemos a porta tan forte que seguro que caerá Equipo e afección, sempre soubemos que isto ía de afouteza e corazón Suor, tardes insás, todo o país berra con nós ala Celta Celta! Eu xunto a ti, caemos e volvemos levantar Ti xunto a min, somos o Celta de Vigo, que sae de novo a gañar, sen rendirse xamais, hoxe e por 100 anos máis 100 anos máis Eu xunto a ti, ti xunto a min 100 anos máis, 100 anos máis Eu xunto a ti, ti xunto a min 100 anos máis, 100 anos máis Eu xunto a ti, ti xunto a min 100 anos máis, 100 anos máis Eu xunto a ti, ti xunto a min 100 anos máis, por 100 anos máis Por 100 anos máis Por 100 anos máis Por 100 anos máis Por 100 anos máis

about

Por 100 anos máis ✊ Nós tamén quixemos adicarlle unha canción ao equipo da nosa cidade, o Celta, polo seu centenario. Gravada por Dany Soengas e acompañada dun videazo de Brais Gómez Salvador que xa podedes ver en Youtube. Nun día como hoxe, cabodano dunha lenda celeste como é Hermidita, queremos compartilo con todas as seareiras e seareiros. Agardamos que vos guste!

Ligazón ao videoclip: youtu.be/yNYcanKoBCY

credits

released September 17, 2023

Dioivo é:
Daniel Valladares Otero: batería, percusións
Jacobo Mouriño Almeida: guitarras, voces

Canción gravada, mesturada e masterizada por Dany Soengas en DS Audio, Vigo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Dioivo, you may also like: