We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Tan Real como el Puto Infierno Vol. 30

by Dioivo

/
1.
Aman a miseria, non ó miserable, porque a precisan para non morrer, para facer crer que son indispensables e afianzar ós seus amos no poder Un sorriso de traición, e cara amable ó cravar o coitelo no teu lombo Furia implacable contra os que sexan reais Facendo crer que non son o mesmo, ó final crérono eles tamén Atacan a todo aquel que queira un cambio, é a súa misión neste xogo de poder Pretenden tapar a ferida con parches, en vez de curala para cicatrizar E seguir cantando os seus cantos de serea que contra as pedras quérennos crebar A caridade levan por bandeira, din que somos un, que nos van protexer Para logo vendernos ó mellor prezo ou a cambio dun posto calquera de poder Un sorriso de traición, e cara amable ó cravar o coitelo no teu lombo Furia implacable contra os que sexan reais

about

Nova edición desta mítica recompilación do subterráneo, con multitude de bandazas maiormente estatais. Participamos nel con "Falsos Heroes", un tema pertencente ao noso novo álbum Cara os Ceios Incrementes, por cortesía do noso selo Sleaszy Rider Records.

Impulsado por Evainc e Javi Etnia, nel aparecen tamén Eretia, Caphre, All This Chaos, Matadero, Rest In Filth, Evil Never Lose, Bileseed, Raglefant, Muerto En Vida, Cason Brena, Voltaje Cadáver, Vulgar Chaos, Nakkiga, Sacra, Avlak Metal Band, Parsec, EvilacT, Hellwach, Kesiah, Féretro666 e Sapped. Non esquezades escoitalo e descargalo completo aquí: tanrealcomoelputoinfierno.bandcamp.com/album/tan-real-como-el-puto-infierno-vol-30

credits

released July 1, 2023

Dioivo é:
Daniel Valladares Otero: batería, percusións
Jacobo Mouriño Almeida: guitarras, voces

Canción gravada, mesturada e masterizada por Dany Soengas en DS Audio, Vigo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account