We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Que Importa que nos Craven as Cadeas

from Cara os Ceios Incrementes by Dioivo

/

about

Esta canción pon música a un poema fermoso e revolucionario de Darío Xohán Cabana. Pertence ao primeiro poemario do lucense, Verbas a un Irmao, editado en 1970, mentres Galicia aínda sofría o fascismo de Franco. Con este tema quixemos, dentro das nosas posibilidades, renderlle homenaxe a este grande escritor e referente, logo do seu falecemento a finais de 2021.

lyrics

Que importa que nos craven as cadeas
se o esprito segue ceibe coma o mar?
Que importa que asolaguen as bombillas
se non poden matar a luz do sol?

Que importa, irmao, que morra a pomba
se deixa os seus pombiños a voar?
Que importa que nos maten
se deixamos semente de mencer?

Que importa, irmao, un dique posto ó mar?

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: