We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Hai Sede na Nova Galicia

from Cara os Ceios Incrementes by Dioivo

/

about

Adaptación do poema homónimo de Florencio Delgado Gurriarán, incluído no seu poemario de 1963, Galicia Infinda. Xa volo asinamos en 2022, con motivo do Día das Letras Galegas, que foi nese ano adicado ao autor valdeorrés. Un referente tanto literario como antifascista galego.

lyrics

Sede nos ermos outeiros e nas poeirentas chairas,
nos arpados nopaleiros, e nas enxoitas airas
Nas lagúas enlamadas de arneiro xabre cinguidas
Sede nas irtas valgadas e nas terras íspidas
Sede nas mortas aldeias, nas congostras, nos carreiros
e nas queimantes areias dos escoados regueiros

Nas árbores desfolladas que erguen, en mudo queixume,
súas ponlas estordegadas, fogueiras a arder sen lume
Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada, a das choivas benquerida

Sede o coiote ouveante, sede a cobra pezoñenta
Sede a iguana cincenta
Os carneiros tosquiados, o armentío famento,
os pegureiros coitados... Sede, universal tormento!
Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida,
da verde Terra arelada, a das choivas benquerida,
da verde Terra arelada, a das choivas benquerida

Da teixa, enrugada terra, do azur, de cote a brilar,
do vento ardente que berra, da natureza a esligar!
Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada, a das choivas benquerida
Os remuiños inxentes como brasfemias ou pregos,
cara os ceios incrementes ruben, nun pulo, dos regos
Sede en min nunca amatada, sede en min xamáis dormida
da verde Terra arelada, a das choivas benquerida

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: