We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Retorno a Tagen Ata (con Xosé Lu​í​s M​é​ndez Ferr​í​n)

from Cara os Ceios Incrementes by Dioivo

/

about

Entre os temas extra do álbum non podía faltar a nosa adaptación da mítica novela alegórica de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada en 1971. Nesta canción, como xa sabedes, contamos coa colaboración do propio autor, que puxo voz ás narracións do tema. Gravámola tamén con Dany Soengas e a lanzamos en 2021, con motivo do 50 aniversario da obra.

Tamén fixemos un vídeo para o tema, coa direccíon de Brais Gómez Salvador: www.youtube.com/watch?v=K_InIWWyUM4

lyrics

“Todo o bosco brilaba,
cunha estreliña en cada folla.
Eu camiñaba en dirección da estrada real vella.
A Grande Fraga de Tagen Ata
era coma unha campán enorme
onde resoaba o arruallo do meu corazón.
Que emoción fonda a miña,
introducíndome na fraga, en precura do meu!”

Rotbaf: Chámome Rotbaf, da ITA do esterior.
Veño visitar a Ulm Roan

Taberneiro de Ok: Silencio! Nin nome nin siglas
poden ser pronunciadas. Non esiste isa organización

Rotbaf: Débeme levar!

Taberneiro de Ok: Pode ir soia.
Xa non hai que tomar precaución
ningunha hoxe en día pra ir onda Ulm Roan!

Tía Natalia: Pensa que estás en T.
Aquí residen os obreiros do Arrabaldo do Norte.
Eles endexamais poderán apoiar
o nacionalismo de Ulm Roan.

Convidados de Natalia: Nunca apoiarán, non,
o vello xeito de entender Tagen Ata
que ten Ulm Roan.
Nunca apoiarán, non,
o vello xeito de entender Tagen Ata
que ten Ulm Roan.

Ulm Roan: Non podo salvar o país!
Non podo facer outra cousa que poemas.
E salvar as esencias: a fala.
Non máis que o barco do máis grande naufraxio.
Son moitos séculos de sombra, Rotbaf.
Hai cousas que o esterior iñora.
Esqueza a organización.
Vivides desconectados do país.
Xa non hai máis que falar.
Xa a ITA se disolveu, e o responsable son eu.

Pois Terra Ancha ten xa
unha Lei Autonómica
que recoñece a Língoa
e as obras públicas xa.
Xa non hai máis que loitar.
Xa non máis resistencia.

“A benevolencia de Terra Ancha pódese vir abaixo.
Os cimarróns pódeno desfacer todo”, dixo Ulm.

“E quen son os cimarróns?”

“Os cimarróns son os campesiños que se revoltan
e tras de prantexaren reclamacións imposibles,
cometen actos de violencia”

Ulm Roan: En contubernio cos obreiros.
En contra da xustiza natural.
A autonomía vense abaixo,
se a Terra Ancha conquiren irritar.
Inda non sabes todo.
Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional
e proclámanse, proclámanse milicia da ITA.

Os seus verdadeiros fins son
desposuír aos señores naturás
e aos propietarios honestísimos
das factorías de T,
E implantaren por todas partes a anarquía social!
Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional
e proclámanse, proclámanse milicia da ITA.
E os patriotas disolvimos a ITA pra nos presentar
cunha face distinta,
cunha face distinta ante Terra Ancha.

“Ulm Roan:
Estás trabucado,
que é a maneira máis académica que atopo
pra dicir que es un traidor.
Sei que non collerás o bon camiño
porque fas parte da grea dos poderosos.
Mesmo lle das beleza e coor aos seus principios.
Serás, seredes rebasados.
O vento da historia sopra de outro ponto.
Adeus pra sempre,
Rotbaf”

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023
Xosé Luís Méndez Ferrín: narracións

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: