We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

about

Un tema algo atípico para nós, pois o noso son baseado no black metal melódico e no thrash fica nun segundo plano respecto a outras influencias como poden ser o groove metal ou mesmo o stoner doom. Ademais, as voces limpas teñen unha gran presencia, sendo en definitiva o tema máis melódico e máis lento do disco. Non esquezades mirar o tremendo videoclip do tema que fixo o noso colaborador habitual Brais Gómez Salvador, director tamén do resto dos nosos videoclips.

lyrics

Outra mentira máis, outro cravo, para cravar
as miñas mans na cruz, que será o meu ataúde
Non queda xa nada baixo a pel, non queda máis que roer
e nada por quitar, que pretendes atopar?
Pois só queres gardar un corpo morto para non deixalo espertar

Déixame, ao fin podo ver
E non vou caer na túa trampa unha vez máis
Déixame, ao fin podo ver
Non voltarei ter os teus cabeiros sobre min

Tes máis onde elexir, máis escravos que ferir
Por que sempre eu?
Quero liberarme ao fin deixar sempre de fuxir
Caín con verbas de amor e ao final rompín

Déixame, ao fin podo ver
E non vou caer na túa trampa unha vez máis
Déixame, ao fin podo ver
Non voltarei ter os teus cabeiros sobre min

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: