We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Unha de Guerra (con Pili de Desvirgheitors)

from Cara os Ceios Incrementes by Dioivo

/

about

A nosa versión de "Unha de Guerra", temazo de Desvirgheitors, mítico grupo vigués dos anos 80 e 90. Esta banda foi pioneira en galicia tanto do hardcore punk como posteriormente do crossover thrash metal, e este é un dos seus temas máis representativos, incluído na recompilación estatal Deserción en 1992 e logo no LP homónimo da banda en 1993.

Contamos no tema co a colaboración no baixo nada menos que de Pili Dios: fundadora, compositora e baixista da banda durante toda a súa carreira. Unha figura clave na primeira escena galega e pioneira dela como muller baixista en Galicia. Foi unha honra inmensa!

lyrics

Ei, oe, oe, irmán, os cañóns soan lonxe
Será que alguén conseguíu
facer algunha guerra, outra guerra?
"Soldados valientes os haréis luchando en ella",
nos decían polos bares e os lares da vida

Berro de á carga, direito ó enemigo
Espidas armas avanzan cara seu destino
Barullo, fume, cruzan balas ó vento
e un estoupido fai que no chan a testa pense soa
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?

Sementar a morte, matar por non morrer
E o sangue corre, tinxindo unha bandeira
Xenerais lonxe da escea preocupados por gañar
Sen dubidar, vidas alleas sacrifican pola patria

Xente condenada a incerto subsistir
Por causa de etnias e de fronteiras
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?

Nunha besta convertida, a batalla rematou
Seus dominios, ignorados pola masa sometida
Loita fratricida, xenreira sen final
Paz significa deserción en cadea
E ti, por quen loitas? E ti, por quen matas?

credits

from Cara os Ceios Incrementes, released June 9, 2023
Pili Dios: baixo

Baixo gravado por Jean Marc Van Loo.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: