We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Cruzando o mar
da inexorable soidade,
o desterro será o meu cadaleito
Fuxindo dos monstros da guerra,
as lembranzas queiman no meu peito

Xuro cada noite
que un día hei regresar
Berro o teu nome ó ar,
mais ninguén responde
Pero sei que ao lonxe
espérasme un día máis
Non sei cando, pero ben sei onde

Viaxando pola tempestade,
os lóstregos non poderán pararme
Voltarei deste exilio,
porei fin a esta saudade

Cruzando o mar
da inexorable soidade,
o desterro será o meu cadaleito
Cara a outro mundo, lonxe da miña terra,
as lembranzas queiman no meu peito

Xuro cada noite
que un día hei regresar
Berro o teu nome ó ar,
mais ninguén responde
Pero sei que ao lonxe
espérasme un día máis
Non sei cando, pero ben sei onde

credits

from Dioivo I / Outra Vida É Posible, released November 18, 2022

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account