We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Dioivo

from Dioivo II by Dioivo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

  • Edición en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Limitada a 160 copias dun total de 200 incluíndo a edición especial.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Edición especial en CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Inclúe a edición en CD cuberta por unha funda de cartón coa portada sen logo, para poder apreciar o deseño do álbum do mellor xeito posible. Limitada ás 40 primeiras copias das 200 numeradas en total.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Camiseta negra (logo pequeno)
    T-Shirt/Apparel + Digital Album

    Negra co logo en pequeno na parte dianteira. Inclúe coma agasallo unha descarga de balde... Lembrade que tamén podedes mercala poñéndovos en contacto connosco por redes sociais! Na foto, talla L.

    Includes unlimited streaming of Dioivo II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Full Digital Discography

    Get all 21 Dioivo releases available on Bandcamp and save 20%.

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality downloads of Todo lo que Nace Muere, Por 100 Anos Máis, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 30, Cara os Ceios Incrementes, Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores, Dioivo I / Outra Vida É Posible, Hai Sede na Nova Galicia, Tan Real como el Puto Infierno Vol. 27, and 13 more. , and , .

    Purchasable with gift card

      €25.60 EUR or more (20% OFF)

     

about

O noso tema homónimo foi tamén un dos últimos temas que escribimos para o álbum, xa en 2017. Para facer a letra non estábamos moi orixinais, para variar, e tiramos do amplio léxico meteorolóxico do galego; lembrade que dioivo é unha das 100 palabras que temos para referirnos á choiva.

Na súa versión do álbum (editado por Darkwood o 8 de xaneiro de 2019) inclúe unha introdución de guitarra clásica escrita algo antes. Tamén hai unha versión curta que gravamos para a demo O Espertar.

Escoita a versión do álbum tamén en Youtube aquí: youtu.be/OA96fZfVfLc

lyrics

Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán
Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará
Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás,
e ondas golpean furiosas,
como se a terra quixesen tragar
Que a néboa non che impida ver,
que non pare os teus pés
Pra ver o ceo hai que deixar chover,
e será noso o amencer

Nunca deixarei de viaxar
polo vento e as ondas do mar,
porque nunca deixará de chover,
pois só así a vida pode renacer
Cada mañá, un dia máis polo que loitar

Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán
Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará
Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás,
e ondas golpean furiosas,
como se a terra quixesen tragar
Que a néboa non che impida ver,
que non pare os teus pés
Pra ver o ceo hai que deixar chover,
e será noso o amencer

credits

from Dioivo II, released January 8, 2019

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account