We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén
Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final
Fixeches normal o ser ti máis ca os demais
Adorábate sen pensar, ninguén te podía tocar,
mais xa non vale o teu disfraz

Xa non tes ningún poder,
ningunha raiña nin rei me pode controlar
Dime, no espello, que ves?
Sen escravos ao carón xa non es ninguén

Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén
Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final
Agora xa sei que en min non vai mandar nunca un rei
Acostumado a reinar, agora que todo acaba, que farás?
Ninguén que poidas culpar

Xa non tes ningún poder,
ningunha raiña nin rei me pode controlar
O teu reino, onde está?
De que vale a tua coroa rodando polo chan?

Xa non tes ningún poder,
ningunha raiña nin rei me pode controlar
Dime, no espello, que ves?
Sen escravos ao carón xa non es ninguén
Xa non es ninguén

credits

from Dioivo I (Edici​ó​n Definitiva de Darkwoods), released November 3, 2020

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account