We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Retorno a Tagen Ata (con Xosé Lu​í​s M​é​ndez Ferr​í​n)

from Retorno a Tagen Ata by Dioivo

/

lyrics

I

Todo o bosco brilaba
cunha estreliña en cada folla.
Eu camiñaba
en dirección da estrada real vella.
A grande fraga de Tagen Ata
era unha campán enorme
onde resoaba o arruallo do meu corazón.
Que emoción fonda a miña,
introducíndome na fraga, en percura do meu!

II

(Rotbaf Luden, nacida na illa de Anatí, regresa a Tagen Ata, a súa terra natal asoballada polo imperio de Terra Ancha. Envíalle a Irmandade de Tagen Ata, a ITA, que loita pola liberación do país, para entrevistarse co seu líder, o célebre poeta Ulm Roan)

III

(Unha vez en Tagen Ata, diríxese onda o contacto que lle debería levar a Ulm Roan, nunha taberna da pequena aldea de Ok)

IV

Rotbaf:
Chámome Rotbaf,
da ITA do esterior.
Veño visitar a Ulm Roan.

Taberneiro de Ok:
Silencio! Nin nome nin siglas
poden ser pronunciadas.
Non esiste esa organización.

Rotbaf:
Débeme levar!

Taberneiro de Ok:
Pode ir soa!
Xa non hai que tomar precaución
ningunha hoxe en día
pra ir onda Ulm Roan.

(Confusa, Rotbaf pídelle a dirección de Ulm Roan ao taberneiro. Antes de dirixirse onda el, decide pasar pola casa da súa tía Natalia, que reside na cidade industrial de T)

V

(Natalia recibe a Rotbaf, e ela participa dunha das tertulias que adoita albergar na súa casa con coñecidos do ámbito intelectual da cidade)

Natalia:
Pensa que estás en T,
Aquí residen os obreiros
do arrabaldo do Norte.
Eles endexamais
poderán apoiar
o nacionalismo de Ulm Roan.

Convidados:
Nunca apoiarán, non,
o vello xeito
de entender Tagen Ata
que ten Ulm Roan.
Nunca apoiarán, non,
o vello xeito
de entender Tagen Ata
que ten Ulm Roan.

VI

(Finalmente, Rotbaf diríxese ao chalet de Ulm Roan, onde agarda despexar todas as dúbidas xurdidas dende a súa chegada a Tagen Ata)

Ulm Roan:
Non podo salvar o país!
Non podo facer outra cousa que poemas
e salvar as esencias, a fala.
Non máis que o barco do máis grande naufraxio.
Son moitos séculos de sombra, Rotbaf.
Hai cousas que o esterior iñora,
esqueza a organización
Vivides desconectados do país.
Xa non hai máis que falar,
xa a ITA se disolveu
e o responsable son eu!

Pois Terra Ancha ten xa
unha lei autonómica
que recoñece a língoa
e as obras públicas xa.
Xa non hai máis que loitar.
Xa non máis resistencia.

VII

–A benevolencia de Terra Ancha pódese vir abaixo.
Os cimarróns pódeno desfacer todo –dixo Ulm.

–E quen son os cimarróns?

–Os cimarróns son os campesiños que se revoltan,
e tras de prantexaren reclamacións imposibles,
cometen actos de violencia.

Ulm Roan:
En contubernio cos obreiros,
en contra da xustiza natural.
A autonomía vense abaixo
se a Terra Ancha conquiren irritar.
Inda non o sabes todo!
Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional
e proclámanse, proclámanse milicia da ITA.

Os seus verdadeiros fins son
desposuir aos señores naturás
e ós propietarios honestísimos
das factorías de T,
e imprantaren por todas partes a anarquía social.
Eles son criminais que adoutaron a bandeira nacional
e proclámanse, proclámanse milicia da ITA.
E os patriotas disolvimos a ITA pra nos presentar
cunha face distinta
cunha face distinta ante Terra Ancha.

VIII

Ulm Roan, estás trabucado,
que é a maneira máis académica que atopo
para dicir que es un traidor.
Sei que non collerás o bon camiño
porque fas parte da grea dos poderosos,
mesmo lle das beleza e coor
aos seus principios.
Serás, seredes rebasados.
O vento da historia sopra de outro ponto.
Adeus pra sempre.

Rotbaf

IX

credits

from Retorno a Tagen Ata, released June 26, 2021
Xosé Luís Méndez Ferrín: recitacións
Daniel Valladares Otero: batería, percusión
Jacobo Mouriño Almeida: guitarras, voz

Gravado, mesturado e masterizado por Daniel Soengas en DS Audio, Vigo. Editado por Darkwoods.

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Dioivo, you may also like: