We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Demasiado tempo de ceder e rendirse ó silencio,
que murchou os beizos dun pobo que se olvidou de si mesmo
Séculos que se perderon no vento,
séculos escuros que nós non esqueceremos
Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas
das voces non silenciosas
A neve converte en xeo todo o que toca
e o sangue brota da roca

Terra de meigas que nunca calaron perante os cregos
Terra de cegos, de tantas cantigas de amor que morreron,
dun pobo que se olvidou de si mesmo
Séculos que se perderon no vento,
séculos escuros que nós non esqueceremos
Chove sobre os que loitan, e o frío racha as gorxas
das voces non silenciosas
A neve converte en xeo todo o que toca,
e o sangue brota da roca

E mentres tanto, nós seguimos a esperar
Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis
E mentres tanto, nós seguimos o a esperar
Onde estás? Onde estás? Ela xa non pode esperar máis

credits

from Dioivo I (Edici​ó​n Definitiva de Darkwoods), released November 3, 2020

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account