We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Samesugas (demo 2017)

from O Espertar by Dioivo

/

lyrics

Zugan nas vidas de todos os que están ao seu redor
coma samesugas, alimentándose de nós
Chegaron moi alto, mais pisando ós demais,
demasiado a présa pra se desculpar
Esquecen que non temos nada que perder
Contra a súa miseria , sempre en pé!

Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos
Antes mortos que mudos, antes mortos que escravos

Crédevos deuses, e só vermes ides morrer
É o que merecedes por roubar
a quen non se pode defender
Chegaron moi alto, teñen todo e queren máis
Así afogaran na súa propia monstrosidade
Esquecen que non temos nada que perder
Contra o seu sistema, sempre en pé!

Asasinos silenciosos desexosos de poder,
chegou o momento de pagar ca vosa pel

credits

from O Espertar, released December 26, 2017

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account