We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Terra Esquecida

from Dioivo I / Outra Vida É Posible by Dioivo

/

lyrics

Só hai fame e miseria
baixo esta choiva de sal
Eles gañaron a guerra,
pero este lume non o poden apagar

Se o sol non alumea,
seremos o luar
O pobo xa sufriu dabondo,
xuntos poderémolo ceivar,
Ímolo ceivar

Gallaecia, Finis Terrae
Chegou o día de espertar,
de erguer esta terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia, Finis Terrae
A escravitude rematará
Nunca máis terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Este lume non o poden apagar
Terra esquecida, nunca máis
Ímola ceivar, a pedra crebará

Morre a natureza
baixo esta choiva de sal
Só hai fame e miseria
nunha terra cega de chorar

Mais a forza dun pobo
é coma as ondas do mar,
sempre volta, sempre volta,
e ó final a pedra crebará
A pedra crebará

Gallaecia, Finis Terrae
Chegou o día de espertar,
de erguer esta terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia, Finis Terrae
A escravitude rematará
Nunca máis terra esquecida
Gallaecia, Finis Terrae

Gallaecia,
Finis Terrae

credits

from Dioivo I / Outra Vida É Posible, released November 18, 2022

license

tags

about

Dioivo Vigo, Spain

Somos un dúo de metal extremo en galego formado en Vigo en 2016. Dende ese ano temos gravado entre outros dous EPs e dous álbumes, e tocado por toda Galicia e noutras partes do Estado español xunto ás principais bandas da escena subterránea do noso país.

Daniel Valladares Otero: batería. Jacobo Mouriño Almeida: guitarra e voz.
... more

shows

contact / help

Contact Dioivo

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account